easypark image

Deixa sitio á vida

Faite con EasyPark, a aplicación de aparcamento líder en Europa

A aplicación EasyPark e sinxela, pero poderosa

Simple

Aforra tempo

Inicia a sesión de aparcamento dende o teu teléfono sen facer cola.

Prolong Parking 2

Gaña liberdade

Amplía o tempo de aparcamento desde calquera punto sen ter que ir ao parquímetro.

Start Parking 2

Sácalle partido

Remata a sesión de aparcamento cun toque e paga por minuto.

Smart

Atopa prazas

Investiga onde é máis sinxelo atopar sitio. Nós axudámosche a chegar.

Reminder

Ten o control

Recibe notificacións, o historial de aparcamentos e recibos para ter un rendemento máximo.

Global Coverage

Cruza fronteiras

Descubre novas culturas e aparca con EasyPark en máis de 20 países.

easypark image

Consigue xa a aplicación EasyPark

Fai coma os millóns de condutores que xa aparcan e cargan os seus vehículos de forma máis sinxela. 

  • Máis de 450 000 valoracións de 5 estrelas

  • Un 4,7 de puntuación media nas tendas de aplicacións

  • Un 88 % de satisfacción co servizo de atención ao cliente

Tan sinxelo coma xirar, confirmar e listo!

1
Find Parking

Comproba a túa localización

Abre a aplicación e selecciona a zona na que estás ou busca por código, se o sabes. Comproba no mapa que tes o código correcto.

2
Start Parking 2

Inicia o aparcamento

Comproba que poñas ben a matrícula. Fai xirar a roda da aplicación para fixar a hora e toca para confirmar!

3
Stop Parking 2

Remata ou amplía

Volviches antes de tempo? Finaliza cun toque.* Queres quedar máis? Amplía a sesión xirando a roda e toca para confirmar.

*Non dispoñible nalgunhas cidades

easypark image

Creamos tecnoloxía con valor

Tamén axudamos ao teu negocio

A administración dos gastos de aparcamento nunca foi tan fácil

Sexa cal sexa o tamaño da túa empresa, dixitalizar os gastos de aparcamento e carga aforrarache tempo e reducirá os custos operativos. Ademais, poderás conseguir prazas de aparcamento para os teus convidados ou visitantes, ou ver outros servizos exclusivos para empresas como a túa.

easypark image
easypark image

Reserva o teu sitio de aparcamento

Algunhas ocasións son máis importantes ca outras. Reserva a túa praza de aparcamento e chegarás sen problema ao teu voo, concerto ou partido. Con EasyPark, podes reservar unha praza con antelación en miles de cidades europeas.

Xuntos creamos cidades máis vibrantes

Quizais coñezas a nosa aplicación de aparcamento, pero sabías que ademais do aparcamento, tamén melloramos o fluxo de tráfico en varias cidades? Colaboramos con concellos, operadores de aparcamentos privados, socios técnicos, empresas e vós como usuarios para facer as nosas cidades máis vivas. Tódolos días.

Mobile paid parking

Aparcamento pagado dende o móbil

Millóns de condutores de todo o mundo xa usan unha aplicación para aparcar. Accede ao aparcamento intelixente e flexible dende o móbil ou a pantalla do teu vehículo.

EVC

Carga de vehículos eléctricos

Atopa o punto de carga máis próximo con EasyPark. Mentres, usa a aplicación para iniciar a carga e o aparcamento.



Find

FIND

Colle un atallo ata as prazas dispoñibles. Comproba que probabilidades tes de atopar aparcamento rapidamente no teu concello coa función FIND de EasyPark.




CameraPark

Automatic CameraPark

Porque o aparcamento intelixente pode facerse aínda máis intelixente. Despois da activación na aplicación, o aparcamento e o pago xestionaranse de forma totalmente automática a próxima vez que entre e saia das prazas de aparcamento.


B2B

Solucións para empresas

Os gastos de aparcamento serán pan comido. Os custos de aparcamento envíanse ao administrador da túa empresa e os condutores reducen as súas tarefas cotiás. Menos papelorio, maior produtividade.

In Car Integration

Integracións no vehículo

Para unha experiencia aínda máis sinxela. Inicia o aparcamento dende a pantalla do teu vehículo e marcha para que finalice. Como por arte de maxia.




Permits

Permisos de aparcamento

Solicita e obtén permisos de aparcamento en formato dixital. Sinxelo de xestionar e de renovar, tanto se é para uso residencial como laboral ou outro tipo de permiso. Dispoñible en determinadas cidades.

Parking Data

Parking Data as a Service

Coa nosa solución Parking Data as a Service, as cidades teñen unha visión completa do seu ecosistema. Reducimos os atascos de tráfico para ti.

Empresas coas que traballamos

Xuntos, chegamos máis lonxe. Sentímonos orgullosos de traballar cos mellores. Por exemplo:

paypal
volvo
partner logo
polestar
Coverage

20 +

países

City

2,900 +

cidades

Parking operators

4,000 +

operadoras de aparcamento

easypark image

Consigue xa a aplicación EasyPark!

Descarga a aplicación para atopar sitio e aparcar desde o teu móbil. É rápido, fiable e aforrarache tempo cada vez que aparques.