Incar

Intuitivo e conectado

Ter todo o necesario no peto para xestionar a sesión de aparcamento é moi práctico, pero, telo na pantalla do teu vehículo é ir un paso máis alá. Colaboramos con Apple, Google e outras empresas líderes no sector tecnolóxico, así como con moitos dos principais fabricantes de automóbiles, para ofrecerche unha experiencia incomparable cando aparques. Despois de todo, levamos a conectividade e a automatización no ADN.

carplay

Mans ao volante como se fosen no móbil

Teléfono e vehículo conectados

Non che gustaría ter unha aplicación para aparcar facilmente dende a pantalla do teu vehículo? E ter o aparcamento e a carga preparados en canto aparcas? Pois nós fomos os primeiros en conseguilo. A aplicación EasyPark xa está dispoñible en Android Auto e Apple CarPlay.

Aparca con Android Auto ou Apple CarPlay

1
Download

Consigue a aplicación EasyPark

Instala EasyPark no teu móbil e crea unha conta.

2
Compatibility

Comproba a compatibilidade

Asegúrate de que o teu móbil se poida conectar ao teu vehículo.

3
Compatilbility 2

Conecta

Emparella o móbil e o vehículo seguindo as instrucións do teu sistema operativo.

Android Automotive: unha experiencia extraordinaria

Intelixente e perfecta

Dá un paso máis coa versión de EasyPark específica para vehículos co sistema operativo Android Automotive. Tan intelixente, que é quen de saber que saíches dunha praza para deixar de cobrarche polo aparcamento. Con EasyPark para Android Automotive, poderás entrar e saír de aparcadoiros, aparcar na rúa e deixar de pagar en canto marches da praza. Dispoñible en modelos compatibles con Polestar, Volvo e Renault.

easypark

Comeza a usar Android Automotive

1
Download

Descarga a aplicación EasyPark

Consíguea na tenda de aplicacións do teu vehículo. Crea unha conta ou inicia unha sesión directamente dende a pantalla do vehículo.

2
Start Parking car

Aparca cun toque

Abre a aplicación dende a pantalla no teu destino e aparca en cuestión de segundos.

3
Stop Parking

Marcha directamente

En canto movas o vehículo, a aplicación finalizará o aparcamento por ti.

Onde podo aparcar?

on offstreet

En aparcadoiros exteriores e interiores

Chega o máis preto posible. Aparca coa aplicación ou entra e marcha dos aparcadoiros con Automatic CameraPark

Airport

No aeroporto

Entra e sae voando do aparcadoiro cando teñas que viaxar. EasyPark está dispoñible en moitos dos principais aeroportos de Europa.