easypark image

Paquetes que se adaptan
ao teu negocio

Tanto se es autónomo, como se tes un negocio pequeno ou formas parte dunha empresa máis grande, temos paquetes para que escollas ou podémosche facer unha oferta personalizada, que se adapte ás túas necesidades e ás dos teus empregados. Deste xeito, aproveitarás o noso servizo ao máximo.

Compara os nosos paquetes

Os paquetes EasyPark Business ofrecen funcións sinxelas e prácticas que che axudarán a reducir custos operativos e a facilitar a administración dos gastos de aparcamento. Se precisas axuda para escoller o mellor paquete para o teu negocio, contacta connosco. Estaremos encantados de axudarche.

*As taxas de aparcamento e carga cóbranse de acordo coas tarifas da operadora. Os prezos figuran sen IVE.

Business Pro

Se ti e os teus compañeiros aparcades menos de cinco veces por mes, recomendámosche Business Pro. Pagarás unha mensualidade inferior e unha taxa de servizo de EasyPark por estacionamiento limitada a unha cantidade fixa.

Que ventaxas podes obter

Taxa de alta rexistro: 19,90 €* por usuario

Subscrición mensual: 3,99 €* por usuario

Taxa de servizo: 0,3 €* cada vez que se aparque  

Taxas de aparcamento: Segundo os prezos da operadora*

Portal con autoservizo e aplicación móbil

Unha única factura mensual

Facturación por centro de custos

Xestión de restricións horarios por usuario e vehículo

Rexistro dixital

Atención ao cliente

Business Premium

Se ti e os teus compañeiros aparcades máis de cinco veces por mes, recomendámosche Business Premium. Pagarás unha subscrición mensual e evitarás a taxa de servizo de EasyPark sobre o custo do aparcamento.

Que ventaxas podes obter

Taxa de alta de rexistro: 19,90 €* por usuario

Subscrición mensual: 5,99 €* por usuario

Sen taxa de servizo por transacción cando se aparque

Taxas de aparcamento: Segundo os prezos da operadora*

Portal con autoservizo e aplicación móbil

Unha única factura mensual

Facturación por centro de custos

Xestión de restricións horarias por usuario e vehículo

Rexistro dixital

Atención ao cliente

Oferta personalizada

As túas necesidades son o eixo dos nosos servizos. Obtén as funcións de empresa habituais e extras ou os servizos especializados adaptados ás túas necesidades. Ideal para empresas de tamaño medio e grande.

Que ventaxas podes obter

Taxa de alta rexistro: Falamos?

Subscrición mensual: Falamos?

Taxa de servizo: Falamos?

Taxas de aparcamento: Segundo os prezos da operadora*

Portal con autoservizo e aplicación móbil

Unha única factura mensual

Facturación por centro de custos

Xestión de restricións horarias por usuario e vehículo

Rexistro dixital

Asistencia especializada para grandes contas

Combinación de paquetes

Servizos especializados

Funcións extra

Coverage

2,500+

cidades en máis de 20 países             

B2B

100 000+

clientes de EasyPark Business

On offstreet

A mellor cobertura de Europa en aparcadoiros e na rúa

Descubre máis opcións para a túa empresa

EP_Images_Business_men_Low_1920x1441

EasyPark Business Share

Usan os teus empregados o mesmo vehículo con frecuencia? Pode que pagar por usuario non che conveña, xa que haberá varias persoas usando e aparcando o mesmo vehículo. Temos unha solución para xestionar de forma segura o aparcamento da túa frota: EasyPark Business Share.

EP_Image_B2B_Low_1900x1267

EasyPark Business Auto-stop

EasyPark Auto-stop utiliza a tecnoloxía máis recente para ofrecerche unha experiencia inmellorable. A sesión de aparcamento finaliza de forma automática no momento exacto no que marchas co vehículo. Vas precisar unha subscrición cun provedor de servizos telemáticos, que é algo co que che podemos axudar.

guest parking

EasyPark Business Guest Parking

Soñas con ofrecer aos teus clientes ou convidados unha experiencia inmellorable? EasyPark Guest Parking permíteche iniciar ou programar sesións de aparcamento para un ou varios vehículos ao mesmo tempo dende o noso portal con autoservizo sen ter que usar a aplicación. Podes iniciar, finalizar ou ampliar as sesións dende o teu escritorio.

Comezar é moi sinxelo

Crear a túa conta é rápido e sinxelo. Engadir empregados é algo moi doado, e poden descargar a aplicación e aparcar en segundos tras seren convidados. Explicamosche cómo pasar do rexistro a aparcar en moi pouco tempo:

1
Quick registration

Rexístrate en cuestión de minutos

Introduce os datos da túa empresa e de pagamento. Recibirás unha confirmación de que a conta está creada.

2
Start Parking

Comeza a aparcar

Engade os teus empregados á conta para que descarguen a aplicación e reciban indicacións para aparcar con ela.

3
simple invoice

Facturación sem complicacións

Recibe a factura a primeiros de cada mes. Podes acceder doadamente e exportar informes detallados dende o portal con autoservizo.

Contacto

Tes algunha pregunta ou queres saber como proceder? Contacta connosco! Chámanos ao (+34) 911 23 95 00 e déixanos os teus datos para que se poña en contacto un dos nosos asesores o máis axiña posible. Se xa tes unha conta de empresa connosco e tés algunha dúbida, bota un vistazo a nosa sección de axuda.

contact us