easypark icon

Canto custa?

Ímosche dar toda a información. Cobramos unha tarifa de servizo ademais do custo das sesións de aparcamento e carga. A tarifa de servizo pode ser por subscrición periódica ou unha tarifa por uso. Depende do paquete de produtos que seleccionaras, pero tamén das operadoras de aparcamento e carga coas que colaboramos. 

A tarifa de servizo permítenos continuar investindo e manternos na vangarda da tecnoloxía de mobilidade.Isto significa que, cando uses os nosos servizos, gozarás aínda máis das experiencias de aparcamento e carga, as solucións de empresa e a atención ao cliente.

image

Paga por uso

Se elixes pagar por cada uso, pagarás unha tarifa de servizo que se suma ao custo de cada sesión de aparcamento e de carga, máis os custos dos posibles servizos adicionais. Cando usas a aplicación de aparcamento, a tarifa de servizo aplicable amósase na aplicación antes de comezar a sesión, é dicir, cando indicas a hora de finalización xirando a roda na aplicación. A tarifa de servizo estándar actual é o 15% do custo da túa sesión de aparcamento ou carga (cun mínimo sen IVA de 0.10 €, 0.19€ ou 0.29€ dependendo da área en que se estacione).  Ten en conta que os prezos estándar poden variar co tempo e segundo o lugar ou a operadora. Os prezos estándar actuais están publicados nesta páxina web.

Estas son as túas vantaxes

Goza dunha aplicación premiada

Cando te rexistres en EasyPark, poderás acceder a todas as funcionalidades estándar da aplicación EasyPark: comezar, rematar, ampliar, cargar o vehículo eléctrico (cando estea dispoñible), integracións no vehículo, atención ao cliente, cobertura internacional e axuda para buscar prazas de aparcamento cando se ofrece a nosa función FIND. 

Se desexas empregar o servizo EasyPark na túa empresa, ofrecemos distintos paquetes de subscrición para empresas cunha tarifa de subscrición mensual e sen tarifa de servizo por aparcamento ou cunha tarifa de servizo reducida.

 

image
image

Control total dos teus gastos de aparcamento

Dá igual se aparcas moito ou pouco

Crear unha conta persoal en EasyPark é gratis. Igual que fan outras compañías de servizos, cobramos unha tarifa cando usas o noso servizo. Se aparcas moitas veces, podes utilizar o noso servizo de subscrición (se está dispoñible). Deste xeito, pagas – ademais dos custos reais de aparcamento ou carga – unha tarifa mensual fixa polos nosos servizos no canto dunha tarifa por cada sesión de aparcamento ou carga.

* Ten en conta que, por mor das continuas flutuacións dos prezos, da electricidade, o custo total da carga non pode estimarse polo miúdo antes de comezar a sesión de carga.