Backstage

Isto é o que sucede entre bastidores

Xa comezaches a aparcar, pero, como che axuda a aplicación a evitar multas? A aplicación EasyPark vincúlase ao sistema do concello ou da operadora. Isto quere dicir que lles indicamos que o teu vehículo ten unha sesión de aparcamento activa, polo que non che poden multar.

parking

Intelixente e conectado

Comezar é moi sinxelo, bota un ollo.

  1. Descarga EasyPark da tenda de aplicacións do teu teléfono. 

  2. Introduce o número de teléfono, a matrícula e un método de pago.

  3. Busca a zona de aparcamento no mapa ou na lista da aplicación. Xira, confirma e listo!



Tecnoloxía para aparcar da que te podes fiar

1
Find Parking

Busca e atopa onde aparcar

No mapa da aplicación EasyPark aparecen todos os aparcadoiros dispoñibles, polo que os verás en tempo real se compartiches a túa localización. Se FIND está dispoñible, temos rexistrados millóns de puntos de datos para ofrecerche máis probabilidades de atopar unha praza de aparcamento.

2
Select Car

Selecciona e modifica a hora

Cando inicias unha sesión de aparcamento, nós informamos á operadora para que lles apareza nos seus dispositivos e non te multen. Cando modificas ou finalizas o aparcamento, avisámoslles de novo para que non pagues polo tempo non empregado. Moi práctico.

3
Security

Procesamento de pagamentos

Traballamos con provedores de pagamentos de confianza e tomamos moi en serio a seguridade, polo que os pagamentos sempre se procesan de forma segura e sinxela.

parking

Estamos da túa parte

Nós non poñemos as multas, pero podemos axudarche a evitalas.

A túa idea era facer unha compra rápida, pero levouche algo máis do esperado. A aplicación EasyPark axúdache a levar un seguimento da sesión de aparcamento e a modificala. A aplicación pódeche enviar notificacións cando a sesión estea a piques de rematar. Se recibes unha multa mentres usas a aplicación, podémosche axudar a entender o motivo.

Onde podo aparcar?

on offstreet

En aparcadoiros exteriores e interiores

Chega o máis preto posible. Aparca coa aplicación ou entra e marcha dos aparcadoiros con Automatic CameraPark

Airport

No aeroporto

Entra e sae voando do aparcadoiro cando teñas que viaxar. EasyPark está dispoñible en moitos dos principais aeroportos de Europa.